Mostrando entradas con la etiqueta Cantigas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cantigas. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de abril de 2009

Cantiga VLII

Quen fala de mín, quen fala,
quen fala de mín quen é,
será algún zapato vello
que non me sirve no pé.

domingo, 5 de abril de 2009

Cantiga VLI

Andivécheste gabando
que eras boa comenencia,
saco de tundir nos foles
furadiño e sin concencia.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Cantiga VL

Andivécheste gabando
que te querían os mozos,
que te han querer a ti
sacho de cavar nos toxos

domingo, 15 de marzo de 2009

Cantiga XLIV

Si ti viras o que eu vin
habías de estremecer,
unha formiga rabela
que me quería comer.

jueves, 5 de marzo de 2009

Cantiga XLIII

Vexo a casa dos meus pais,
tamén vexo a dos meus sogros,
¡cando serei eu a dona
daquel caserío todo!

jueves, 26 de febrero de 2009

Cantiga XLII

Alá arriba naquel alto,
púxenme a chorar un pouco,
choraba por meu irmau
io penar era por outro.

lunes, 16 de febrero de 2009

Cantiga XLI

A misa a que ti vas,
teño dito que eu non vou,
nin ti rezas nin eu rezo,
nin con devoción estou.

domingo, 25 de enero de 2009

Cantiga XL

¡Ai, quen poidera mirarte
trinta días cada mes,
un día cada semana,
cada minuto unha vez!

lunes, 15 de diciembre de 2008

Cantiga xxxix

Viva quen agora chega
e quen agora chegou,
estaba para me ir en bora
i agora xa non me vou.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Cantiga xxxviii

Por ese que anda no baile,
por ese que entrou agora,
por ese que anda no baile
cantaría a noite toda.

sábado, 29 de noviembre de 2008

Cantiga xxxvii

O gaitero de Soutelo
Meniñas, correde a velo,
Que é moita a gaita gaitiña
Do gaiteiro de Soutelo.

jueves, 30 de octubre de 2008

Cantiga xxxvi

Carballeira de Tenorio
Heina de manda cortar,
Cando vou para Pontevedra
Quítame a vista do mar.

miércoles, 16 de julio de 2008

Cantiga xxxv

Cando salín de Soutelo
Os meus ollos eran fontes,
Adios montes de Soutelo,
Adios Soutelo de Montes.

domingo, 15 de junio de 2008

Catiga XXXIV

Os curas i os taberneiros
teñen moito parecido,
Os curas bautizan nenos
os taberneiros o viño.

domingo, 8 de junio de 2008

Cantiga XXXIII

O caravel cando nace
chámanlle caraveliño,
tamén os fillos dos cregos
chámanlle ó pai señor tío.

domingo, 25 de mayo de 2008

Cantiga XXXII

Hei brinca-lo lume novo
que hei facer para San Xoán,
i hei de ir pola flor da auga
para de min meigas tornar.

lunes, 19 de mayo de 2008

Cantiga XXXI

Por ser noite de San Xoán,
noite de encantos e bruxas,
por ser noite de San Xoán,
téñoche medo, Maruxa.

lunes, 12 de mayo de 2008

Cantiga XXX

Madrugada de San Xoán,
madrugada a mais garrida,
que baila cando nace o sol
e ri cando morre o día.

sábado, 10 de mayo de 2008

Cantiga XXIX

Salto por riba
do lume de San Xoán,
pra que non me morda
nin cobra nin can.

martes, 6 de mayo de 2008

Cantiga XXVIII

A folla do alcipreste
ela de verde non ruxe,
traballiño pode ser
correr atrás de quen fuxe.