viernes, 17 de mayo de 2013

"Cantares gallegos", de Rosalía, no 150 aniversario da sua publicación


Pulsa en "expandir" para ir a pantalla completa y en las páginas para avanzar/retroceder


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".  Expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".


Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario