BUDIÑO PRESENTA "SOTAQUE" EN MADRID
JUEVES 9 DE MAYO 2013
SALA GALILEO GALILEI / 21:30 H
SO a posición xa...
A postura. O sotaque corporal, ese erguérse no palco que ten de seu o gaiteiro. Ese aqui estou eu.
Algo ten cando os irlandeses, derrotados, foron obrigados polos veciños vencedores a tocar sentados. Amoláballes. Algo ten que ter. Esa fachenda.
Budiño tena. Ten planta, chantado ali.
Budiño é libre. Ao seu, co seu SOTAQUE, el ao seu...
Ergue a testa, albisca ao lonxe e fixa o rumbo.
A por eles! dixo o Budi Barbarroxa, O'Budi
A por eles! Sen medo!
Iso é SOTAQUE. Budiño encabezando un exército percutivo á conquista do mundo.
Toda a percusión está aí, tocada, suada, pulida en Lisboa. Que eles, coma nós, tamén saben de coiros...
E de caciques.
Budiño en Libertá, en Celso Emilio, en Luis Tosar. Tremendo!
TA. Xastá. Budiño lanzándose desde o cantil ao mar. Si ou si.
O Mundo é moi ghrande.A navegar! Polas redes e os aeroportos. Botar nasas. Exportar. Nada novo para Budi.
E os títulos deste SOTAQUE:
Serán de Maias, Chal Indiano, Bica na Baiuca, Nubeiros e Tronantes....
A muiñeira que da nome ó disco vai perfumada co SOTAQUE da flauta máxica de Michael McGoldrick dende Manchester.
QUE dicir de António Zambujo, desa voz conmovedora... Da súa dúbida sobre o noso acento nace o título do disco.
Ese SOTAQUE tamén tradicional, impecable dos Cantareiros de O Fiadeiro, xa imaxinamos o baile...
Paulo Borges enriquecendo de cordas a electrónica, sintetizando o vento, dominando o temporal desatado, a cicloxénese que Budiño plantexa neste novo disco. Mar de ritmos. Hip-nose!
SOTAQUE Budiño ao contraataque! Mételle trunfo, rapás! Budiño maduro, máis duro tamén. Mais sabio, sen dúbida. A por eles! Sen medo!
O SOTAQUE de BUDIÑO.
Fdo: "Carlos Blanco"
Música: Budiño / Voz: Antonio Zambujo / Letra: Carlos Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario