lunes, 6 de marzo de 2017

Bodas de Oro de la Enxebre Orde da Vieira


O secretario xeral de Emigración e a directora de Turismo de Galicia asistiron á celebración dos 50 anos da Enxebre Orde da Vieira
O secretario Xeral de Emigración co Presidente do Consello de Estado
Ver también: El Correo Gallego

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu o 50º Capítulo Xeral da Enxebre Orde da Vieira, da que foron nomeados, entre outros novos damas e cabaleiros, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Ildefonso de la Campa. Actuou como mestre de cerimonias o gran chanceler da entidade, o empresario galego asentado en Madrid, Enrique Santín.

Na súa alocución aos presentes, Miranda puxo de relevo a importancia do sentimento universal de pertenza á terra, e gabou a saúde das entidades galegas en todo o mundo, “demostración da fortaleza dese fío invisible pero imborrable que é a Galeguidade”, dixo, “e o carácter universal de Galicia e a Galeguidade”.
O alto cargo autonómico tivo tamén palabras de recordo para o recentemente falecido Fernando Amarelo de Castro, quen fora secretario xeral para a relación coas Comunidades Galegas e membro fundador da propia Enxebre Orde. Miranda lembrou a relevancia histórica do finado e “o seu esforzo por facer visible o ímprobo traballo da diáspora galega”.
Miranda salientou a relevancia da entidade e gabou o feito “moi singular” de que cumprira cincuenta anos, o que dá conta do seu bo facer e da súa vitalidade como catalizador dos intereses de Galicia desde Madrid: “O conxunto das persoas que conforman a Orde da Vieira é un exemplo da universalidade á que antes me refería: unha entidade con sede fóra de Galicia e da que forman parte membros de tódalas partes do mundo”, recordou Miranda.

Romay e ‘Madrygal’

Os dous máximos galardóns da noite foron para o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, e para a revista universitaria ‘Madrygal’. No decurso da gala anunciouse ademais un Capítulo Extraordinario que se celebrará en Cuba, país de especial relevancia na historia da diáspora galega.
Os 50 anos que cumpriu a Vieira foron recoñecidos, pola súa banda, por diversas entidades: a entidade recibiu a insignia de ouro da Asociación de Médicos Galegos en Madrid, a da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, o emblema de ouro da Xuntanza de Galegos de Alcobendas, e o da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid. Tamén o ‘Granviario de Honra’ do Foro Matritense-Gran Vía, o ‘Gallego do Ano” correspondente ao mes de marzo do Grupo Correo Gallego, e as chaves da cidade de Miami (da que o actual rexedor é cofrade da Orde).

Madrigalegos

A celebración dos 50 anos da entidade continuou coa imposición dos premios Madrigalegos 2017. En Mérito en Comunicación foi premiado o director do ABC, Bieito Rubido; no Mérito Xurídico, o catedrático Antonio Fernández de Buján; no Mérito no Servizo Público o embaixador Camilo Barcia; no Mérito en Medicina o cirurxián Alberto Berguer, e mais no Mérito Empresarial, o presidente de Tecnoma, Carlos del Álamo.
Foi ademais entregada a ‘Gran Venera’ da Orde ao Presidente da Asociación de Empresarios Galegos nos Estados Unidos, José Manuel Brandariz e, trala súa actuación para dar peche á gala, foi recoñecido coa Vieira de Honra á calidade artística o grupo ‘Queiman e Pousa’.
Recibiron a súa distinción como novos cofrades a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; o director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Ildefonso de la Campa; e tamén Ana Beotas, Felisindo Calviño, Manuel Calvo, Miguel J. Carrero, Santos Gastón, Carlos Julio Lage, Victorio Magariños, Francisco Millán, Fernando Navarrete, Juan Manuel Rodríguez Cárcamo, Ana María Rodríguez Rivas, Ángel Ron, e José Souto.
A Enxebre Orde da Vieira naceu no verán de 1967 da iniciativa duns galegos residentes en Madrid. Ata o de agora, máis de dúas mil persoas foron recibidas na Orde, e destaca o seu labor editorial, con corenta libros publicados ata a data.

No hay comentarios:

Publicar un comentario