-
Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria. (Lois Pereiro. Epitafio)
-
O Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com.
-
Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria. (Lois Pereiro. Epitafio)
-
O Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com.
-
Era unha cita obrigada. Lois Pereiro regresa a Madrid, escenario fundamental na súa vida e obra. Madrid foi a cidade do desencanto universitario, a dos paseos polo Rastro, a das sesións de cinema na Filmoteca, a da aprendizaxe de idiomas, a dos fulgores da Transición e a movida, pero tamén a da fatalidade polo envelenamento do aceite de colza. Pero sobre todo, Madrid foi a cidade dos primeiros poemas, onde Lois Pereiro se fixo público con aqueles versos na revista experimental Loia, promovida por un grupo de galegos instalados na cidade, entre os que estaban o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Menchu Lamas e Antón Patiño. Precisamente o fillo destes dous últimos, Lois Patiño, é un dos participantes neste ambicioso proxecto de Galiciaenmadrid.com que puxeron en marcha Silvia Bardelás e Beatriz González Goce, coa colaboración doutros galegos residentes en Madrid, para dar a coñecer a realidade da nosa cultura na capital de España.
-
-
Este proxecto cultural botará a andar o próximo 21 de maio coa celebración da Festa das Letras Galegas en La Tabacalera, sita no popular e multicultural barrio de Lavapiés, un escenario á medida de Lois Pereiro, o guía deste gran desembaque da cultura galega en Marid.
-
-
PROGRAMA:
Nota: para ver os cambios de última hora non deixedes de entrar en Galiciaenmadrid.com.
16:00 Inicio das actividades:
- NAVE CENTRAL: Dramatización de Esther Carrodeguas. Collage.
- SALA 1: Proxección da película de animación De Profundis de Miguel Anxo Prado.
- SALA 2: Proxección de curtas de animación, mostra do cómic en Galicia (Álex Cal, Emma Ríos, David Rubín, David Braña...).
- PATIO: aire libre. Un equipo de grafiteros galegos realizará unha intervención conxunta nas paredes de La Tabacalera.
17:00
NAVE CENTRAL: Performance a cargo de Natalja Dudek con poemas de Elías Portela.
SALA 1: Proxección de curtas documentais de festivais musicais de Galicia:
- Festival música folk de Ortigueira.
- Cultura Quente de Caldas.
- Festival FAX de Orense.
- Festival Vigo Transforma.
- Festival de jazz de Vigo Imaxina Sons.
SALA 2: Documental de Pablo Outón sobre a actividad do graffiti en Galicia.
18:00
- CAFETARÍA: Café e rosca de merenda.
- NAVE CENTRAL: Dramatización dun texto de Xesús Manuel Marcos.
- Presentación da editorial Pulp Books.
- SALA 2: Documental sobre a historia e actividade do Festival de Cans.
- Sesión continua de curtas, making of de animación e cómic.
- Presentación de Lois Patiño.
- Lectura pública.
- Dramatización de Alfonso Armada.
- Lectura de Xosé Manuel Pereiro.
- Música a cargo de Manu Clavijo, Leo Arremecagho.
- Proxección de imaxes.
Conexión en directo coa clausura do Festival de Cans.
Proxección do making of da intervención dos grafiteiros nas paredes de La Tabacalera.
21:15
- Festa gastronómica na Nave Central con música de gaitas.
- Empanadas de “ La Pintora “ de Nigrán.
- Xamón asado e croquetas de lacón con grelos de “O Pazo de Lugo”.
- Viño albariño e cervexa.
- Queimada.
- Concerto do Grupo Correos.
- Concerto de Jing Hang Man e os Cunha Brothers.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario