miércoles, 17 de julio de 2013

A Casa de Galicia celebra o Día de Galicia cun acto solemne ao que asistiron máis de duascentas personas


Os galardonados no Día de Galicia

A celebración estivo presidida por Alfonso Rueda, quen destacou o labor de difusión da identidade dos emigrantes alá onde van

Madrid, 16 de xullo de 2013
 O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, presidiu hoxe na celebración do 'Día de Galicia' en Madrid, onde incidiu no "importante labor que levan realizando os emigrantes galegos difundindo a cultura e identidade alá onde van" e valorou o traballo de 12 personalidades vinculadas coa cultura galega que recibiron distincións.
Nesta liña, Alfonso Rueda eloxiou o labor das 12 personalidades que foron galardoadas hoxe por distinguirse pola súa colaboración e afecto coa Casa de Galicia en Madrid, á fronte de ámbitos como o político, o xudicial, universitario, diplomático ou cultural, e por tanto por manter vivo ese punto de conexión permanente con Galicia. O vicepresidente fixo mención á contribución que está a facer a marca Galicia ao país como conxunto de responsabilidade, rigor e traballo, elementos fundamentais para saír da crise actual.

Os galardoados foron o embaixador da República Federal de Alemaña en España, Reinhard Silberberg; o alcalde do concello de Alcobendas, Ignacio García de Vinuesa Gardoqui; o ex- xefe da Casa Militar da S.M. o Rei, o almirante Antonio González-Aller; o concelleiro- presidente do Distrito Moncloa - Aravaca, Álvaro Ballarín; a concelleira- presidenta do Distrito de Tetuán, Paloma García Romeu; o catedrático de Dereito Romano da UNED, Federico Fernández de Buján; o presidente do Centro Galego de Madrid, Fernando de Castro López; o ex- presidente e maxistrado do Tribunal Constitucional, Pascual Sala; a viceconsejera de Ordenación Sanitaria e Infraestruturas da Comunidad de Madrid, Belén Prado Sanjurjo; a finalista do premio Planeta, xornalista e columnista Marta Rivera de la Cruz; o director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Aurelio Miras Portugal; e o maxistrado e vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Manuel Almenar Belenguer.

Pola súa banda, o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, sinalou que na institución que dirixe consideran "a solidariedade e a amizade un patrimonio irrenunciable", algo esencial porque os galegos ocupan na capital de España "un espazo, unha actividade relevante e un destino". "E non só porque haxa importantes galegos exercendo nas esferas política, relixiosa, empresarial, de comunicación e outras, sobre todo, porque os galegos souberon alcanzar un posto destacado na Historia, un sólido espazo entre os pobos de España," engadiu.

O delegado da Xunta en Madrid fixo tamén un breve repaso polas numerosas actividades celebradas na Casa, cunha axenda que recolle máis dun centenar de actos públicos de tipo cultural, económico, social, empresarial e turístico. "O cultural primou na programación, alcanzando máis dun 60 por cento da actividade total, pero incidimos especialmente no aspecto empresarial, para que a Casa sexa punto de referencia en Madrid para todos os empresarios galegos que queiran e desexen ampliar os seus mercados desde Madrid", dixo Ónega.

O dúo Qitayes, e o himno galego puxeron a parte musical á celebración, á que asistiron máis de duascentas persoas.

Departamento de prensa da Casa de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario