lunes, 19 de julio de 2010

Francisco Rozados "Rochi": Cantar da muller labrega

-
A muller labrega foi pai e nai a un tempo nos nosos fogares onde o home emigrou. Ela criou os fillos, coidou os vellos e traballou arreo no agro. Foi quen mantivo vivas as tradicións e quen as transmitiu ós herdeiros. Merece todas as homenaxes que se lle fagan. En Forcarei e na Terra de Montes xa puxemos o noso baguiño coa estatua que a enxalza na rotonda das Maleitas, obra do escultor Magín Picallo. Este cantar quere proseguir ese camiño e axudar a minguar unha débeda que xamais quedará saldada de todo.

Tes a pel queimada polo sol, muller
Os labores son infindos
E a calor cruel.
Pero os nenos han comer
E han de medrar co teu pan,
Muller labrega, pai e nai.

O home lonxe e os pais vellos
E os rapaces por criar.

Tes as mans feridas de sachar, muller
Os pesares son seguidos
E o vagar non vén.
Os teus vellos han morrer
Nas túas mans morrerán
Muller labrega, pai e nai.

O home lonxe e os pais vellos
E os rapaces por criar.

Tes a alma en pena de sufrir, muller
Os praceres son cativos
Nun vivir de fel.
O teu home ha de volver
No tempo de se enterrar
Muller labrega, pai e nai.

O home lonxe e os pais vellos
E os rapaces por criar.

Tes os ollos negros de chorar, muller
Xa medraron os meniños
E han marchar tamén.
Eses ollos han de ver
Negra soidade no lar
Muller labrega, pai e nai.
-
Muller labrega, pai e nai...
Muller labrega, pai e nai...

Francisco Rozados "Rochi"

P.S.: O outro día, na Casa de Galicia de Madrid, tiven a oportunidade de asistir a presentación da XXXI Festa do Gaiteiro de Soutelo, e alí, pido perdón a todos por a tardanza, conocín tamén a sensibilidade profunda de Francisco Rozados "Rochi". Algo sabía eu das súas capacidades humans e artísticas e da súa conexión coa terra, pero non estaba valorando na xusta medida a este gran home, a este xenio de língua, a este paisano que desde agora, con xusticia, ocupará un lugar de honra no meu corazón. A trancripción de estes versos sobre as nosas nais dino todo sobre a súa capacidade de ler nos corazóns das persoas (sinto non poder acompañalos coa música que él mismo compuxo para cantalos). Gracias, Rochi, e gracias alcalde por traernos hasta aquí o sentir de Galicia.
Pepe Cerdeira

P.S.2: Nun dos comentarios que podedes ler debaixo, "Rochi" ten a amabilidade de darnos este enderezo onde poder escoitar o cantar. Gracias unha vez máis:
(http://www.forcarei.com.es/Arquivos/musica/chorovia%20na%20moucarria/Track05.mp3)

3 comentarios:

  1. Agradezo as túas verbas de consideración e de valoración do meu Cantar da Muller Labrega. Pero ti mesmo o dixeches: é unha débeda que temos con ela, coa que axudou en certa medida a erguer os fogares caídos pola emigración, coa que foi quen, soa, de educar os fillos e coidar dos pais. Un cordial saúdo á Enxebre Orde da Vieira.

    Francisco Rozados "Rochi"

    ResponderEliminar
  2. Se queredes escoitar o Cantar copiade este enderezo:

    http://www.forcarei.com.es/Arquivos/musica/chorovia%20na%20moucarria/Track05.mp3

    ResponderEliminar
  3. Boas tardes: Son Marián Sánchez, directora e psicóloga dun Centro de Información ás Mulleres de Marín(Pontevedra). Aínda que a nosa vila é eminentemente mariñeira, este ano 2014 quixemos facer unha merecida homenaxe á muller labrega, pois tamén temos zona rural. Atopei este precioso poema de Francisco Rozados no blog é quixera o seu apoio para poder usar un verso escrito para estampalo nun sobre que está destinado a todos os colexos do municipio que contén sementes para prantar. A súa sensibilidade pode axudarnos a que os rapaces e rapazas valoren as tarefas que as mulleres labregas facían e fan aínda en Galicia.

    Grazas pola vosa atención e polo traballo cotiá. Un saúdo

    ResponderEliminar